
DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas é unha mostra de todas as artes pola diversidade na Coruña.
Todo o que vas ver, escoitar, sentir, bailar e disfrutar está feito por ou dedicado a persoas que pertencen a colectivos en exclusión social, dándolles así visibilidade en lugares de tránsito público e social da cidade.
¿Cando?
Do 2 ao 17 de Novembro
¡A nosa época favorita do ano! Cando expandimos a arte pola cidade en favor da diversidade.
¿Como?
A fotografía
Este ano empregamos a fotografía para facer foco sobre colectivos diversos.
¿Onde?
En los bares
Bares, lugares de reunión para compartir momentos … e arte diverso.
Exposiciones
MOHAMED SAID HAMDAD
(Café Macondo)
NWN (Nos, Why Not)
(El Valentín)
MAR DE HILOS
(O Recuncho de Esmeralda)
LA DIAPO
(BâBâ Bar)
LÁZARO LOUZAO
(FIANDÓN)
CHELO DO XASTRE
(ART-T CAFÉ)
ISABEL LÓPEZ FRIEIRO
(La Estrecha)
O SORRISO DO CHIMPANCÉ
(15002 Ideas Coworking)
O día 9 de novembro, no ecuador do festival, celebraremos a Gala DiversidArte 2018 no Museo de Belas Artes da Coruña. Será un momento moi especial nestes días de espallamento artístico e diverso pola cidade!
Aproveitarmos este evento para entregar os premios dos concursos DiversimaCine e Diversía convocados na entorna do festival e compartiremos os traballos gañadores: proxectaremos as pezas audiovisuais galardoadas e se recitará o texto premiado. Tamén temos o pracer de contar coas seguintes actuacións que esperamos disfrutedes con nós:
“Torre de Babel” de Asociación Diversos
Proxecto de formación,investigación e creación a través da danza, o teatro, as artes plásticas e os medios audiovisuais. Integra a persoas con dotes artísticas sen limitar as súas capacidades físicas ou psíquicas. Explórase sobre a reinterpretación do episodio bíblico da Torre de Babel.
Orinoco Danza y Tradición (Venezuela)
Orinoco nace da necesidade de manter viva a cultura venezolana, raíces e folclore. Ofrecerán
un espectáculo alegre e variado, traendo a alegría do seu folclore á nosa cidade.
Ricardo Prado (A Coruña)
Ricardo Prado sorprenderanos coa coreografía “Believer”. A danza é a súa gran motivación
desde moi pequeno no seu camiño para buscar o seu lugar no mundo. Esta peza, elixida por
Ricardo e preparada co apoio da súa profesora de baile Estefanía Gómez (Artestudio) é a
expresión pura dos seus sentimentos e a súa reafirmación como bailarín profesional.
