
Cinema social, música, accións de arte na rúa, expresión corporal, pintura, fotografía e moito máis na cuarta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. Celebra a festa da Arte pola Inclusión!
Este ano, do 16 de setembro ao 5 de outubro, celebramos xa a cuarta edición de Diversidarte, Festival das Artes Inclusivas, de novo en diferentes espazos da Coruña. Esta festa da Arte pola inclusión non deixa de ser unha forma de agradecemento cara as persoas que dende o principio apoiades a Plataforma DiversidArte así como un xeito de achegarnos ás que podedes estar interesadas en colaborar con nós creando, participando, difundindo ... unha mensaxe inclusiva e axudarnos así a traballar por unha sociedade interdependente na que teñamos cabida todas as persoas, capaz de ver na diferencia e a diversidade unha parte fundamental da súa riqueza e razón de ser.
DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, conta co apoio do Concello de A Coruña, a Deputación Provincial de A Coruña e Caixabank Obra Social.
Foto del programa general DiversidArte 2019
‘Taigeto, Sueños y Normalidad’ (Marineda City - 16 Sep a 5 Oct | Plaza Mª Pita - 21 Oct: 12:30h a 13:00h)
Exposición "Taigeto, Sueños y Normalidad" en Marineda City (A Coruña).
“Taigeto, Sueños y Normalidad”, unha das iniciativas nas que a Plataforma DiversidArte traballou durante o primeiro semestre do ano, é outro dos eixos principais da programación desta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. Partindo dunha perspectiva histórica e co obxectivo de transmitir unha mensaxe de inclusión de contribuir á eliminación de estereotipos, o proxecto consta dunha exposición de fotografía colectiva -que permanecerá aberta dende o 16 de setembro ao 5 de outubro no centro comercial Marineda City- unha performance -que se representará o 21 de setembro na Praza María Pita- e un libro en formato accesible.
O nome da iniciativa deriva dos espartanos da antigua Grecia, que arroxaban ás persoas con discapacidade dende o Monte Taigeto para conseguir deste xeito que na súa civilización non existisen ás persoas diferentes.
‘Estamos Artes de todo’ (Plaza Mª Pita - Sab 21 de Oct, 11h a 14h)
O sábado 21 de setembro celebraremos na Praza de María Pita unha xornada completa de arte inclusivo na rúa baixo o nome de Estamos ¡Artes de todo!, organizada por Milicia Gráfica para Plataforma DiversidArte.
- 11.00h - 14.00h ►Taller "La Impresionarte" de Milicia Gráfica
- 11.00h - 14.00h ►Sesión Dj Inclusivo Montxo Nucelus 6
- 11.00h - 14.00h ► "Pintura a cegas" con Edu Albo, Eduardo Hermida, Vicky Casas Lage y Evelyne Amies de Vos
- 11.00h - 12.30h ► "O Convalecente recibe" de Quico Cadaval
- 12.30h - 13.30h ► "Taigeto, Sueños y Normalidad" del Grupo Expresión Corporal DiversidArte
- 13.00h - 14.00h ► Concerto de Xerock - Música e Discapacidade #Percusión
Ven e comproba como a Arte ven de dentro e supera as barreiras físicas!!
Colaboramos con ACOPROS para levar a cabo a actuación do grupo de música inclusiva Xerock Percusión, procedente de A Guarda, para que as persoas con dificultades auditivas tamén poidan disfrutar do concierto grazas ao bucle magnético cedido por esta asociación.
‘Pintura a Cegas’ será un experimento artístico sociolóxico no que os artistas Eduardo Albo, Eduardo Hermida e Vicky Casas Lage- poderán poñerse na pel dunha artista cega -Evelyne Amies de Vos- pintando con gafas especiais, cedidas pola ONCE, e compartir a experiencia co público que, a través da interacción, poderá comprobar como a Arte ven de dentro e supera as barreiras físicas coas que moitas persoas con diversidade funcional se atopan.
Programa selección cortos y documentales del concurso Diversimacine.
A través da convocatoria #DiversimaCine, dirixida a colectivos, ONGs, produtoras e persoas que se adican á realización audiovisual de calquera nacionalidade, cultura ou relixión, recibimos máis de 1100 traballos de 89 países diferentes e estableceu catro categorías -perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social- para seleccionar e agrupar os 100 traballos que xa forman parte de DiversidArte 2019. Entre os países participantes están Reino Unido, Irán, Australia, México, Brasil, Italia, Arxentina, Colombia e Israel, por citar algúns. Todo un éxito do que estamos moi orgullosas.
O martes 17 de setembro comezan as proxeccións das curtametraxes que forman parte de DiversimaCine en diferentes espazos da cidade vinculados á cultura como son a sede de Afundación, o CGAI e NORMAL. As sesións, que estarán libres de barreiras arquitectónicas e de comunicación, contarán con proxeccións subtituladas e non serán aptas para todas as edades xa que poden conter imaxes con contido sexual e/ou violento. As obras gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Festival DiversidArte que terá lugar o sábado 5 de outubro na Fundación Luis Seoane.
Organiza:
Finanza:
Colaboran: