BANDA DE PERCUSIÓN DIVERSIDARTE

concierto

Desde o 2022, a nosa Asociación Poten100mos, organizou e ensaio duro para crear unha banda de percusión formada por persoas con distintas diversidades con auténtica motivación e espírito musical, co fin de divertirse e conseguir actuar en espazos culturais normalizados da cidade da Coruña.

E así coa vocación de seguir máis aló, esta banda continuou actuando noutros espazos fose e dentro da Coruña como banda profesional cun caché.

É un proxecto onde desde o seu principio ao seu final é producido, deseñado, conducido e executado polas persoas participantes a través das diferentes entidades colaboradoras que traballan con persoas con diferentes capacidades visuais; intelectuais; enfermidades reumatolóxicas; diversidade sexual e outros colectivos en situación de exclusión social.

Ademais do grupo de ensaio, formáronse grupos de Comunicación do proxecto e Organización de eventos accesibles (apoio á mobilidade, mochilas vibratorias con FM para persoas xordas, etc) .

Ademais, continuamos co labor de “Educación social” para difundir en espazos educativos o concepto de Diversidade en toda a súa amplitude e que é ser “normal”.

A finalidade deste proxecto é, por tanto, sinxela: gozar da música, comunicar, organizar unha actuación e crear unha experiencia accesible para todxs así como a profesionalización dunha banda de música propiamente inclusiva e diversa.

Grupo percusion

Financian:

1 2

Coa colaboración de:

logos poten100mos def (1) logos poten100mos def

Entidades sociais colaboradoras:

11 10 5 8
gl_ESGalego