DiversidArte No Rural 2019

A partir de que DiversidArte reúne a artistas pertencentes a colectivos sociais diferentes e diversos (discapacidades físicas, intelectuais, psicolóxicas e/ou sensoriais; migración/refuxiados; minorías étnicas; movementos contra a dependencia de drogas e SIDA; centros penais, etc.) e utilizando a arte como ferramenta universal onde non se destacan as diferenzas, cada vez son máis os artistas profesionais de diferentes disciplinas (música, danza, teatro, artes plásticas...) que se xuntan baixo o paraugas de DiversidArte e queren ser representados por este proxecto.

DiversidArte quere primeiro fomentar a inclusión social destes artistas, pero tamén provocar a curiosidade, a reflexión, reforzar o sentido da comunidade e acadar un verdadeiro cambio social fronte ao concepto de diversidade no sentido máis amplo posible, rompendo barreiras en todos os recunchos, máis alá do contorno urbano.

En 2019, ofrecemos 5 eventos de artes inclusivas (discapacidade funcional, migración, etc.) multidisciplinares (danza, teatro e / ou música) en 5 locais rurais como Portomarín, Palas de Rei, Finisterre, Carral e Perillo onde en eventos abertos ao público. Os veciños, os peregrinos, o público en xeral puideron gozar dun evento artístico puramente inclusivo.

Cartelería de todos os eventos en 2019

Carral

Fisterra

Palas de Rei

Portomarín

Perillo

Organiza:

Financia:

Colabora:

gl_ESGalego