Taigeto, Sueños y Normalidad é un proxecto de fotografía colectiva que mostra aspectos cotiáns da vida para demostrar que diferentes cousas enriquecen a sociedade e a cada unha das persoas que o compoñen.
Neste proxecto participaron artistas das seguintes entidades: Fundación Adcor, CAPD, ONCE, GRUMICO, Liga Reumatolóxica Galega, ACCEM, ACLAD, CASCO e ALAS.
A exposición complétase cun libro en formato accesible e unha representación teatral realizada polo grupo de expresión corporal de DiversidArte.
A plataforma DiversidArte, pertencente á asociación sen ánimo de lucro Poten100mos, puxo en marcha esta iniciativa en colaboración coa Fundación Emalcsa eo Concello da Coruña.